Percorremos a través de sendas e camiños forestais os enclaves máis fermosos da zona, tanto as fragas e montes como os núcleos poboacionais, arqueolóxicos e monumentais. Sempre acompañados por un guía profesional que explicará os pormenores da fauna e flora e os datos históricos e antropolóxicos. As rutas e paseos a cabalo faranse sempre baixo reserva previa.
RUTAS DE 1 HORA:
Indicadas para aquelas persoas que entran en contacto co mundo do cabalo ou teñan nocións básicas.
Prezo: 19 €
RUTAS DE 2 HORAS:
Para aqueles aficionados que dominen a arte da equitación.
Prezo: 35 €
RUTAS DE ½ DíA:
Un día especial, unha experiencia hípica para os amantes da natureza.
Prezo: 60 €
BONO DE 5 RUTAS DE 1 HORA: 85€
BONO DE 10 RUTAS DE 1 HORA: 160€