Pensando na diversión e na educación dos seus fillos nesta época de vacacións elaboramos un programa de actividades. Ademais de ser unha excelente ferramenta de conciliación laboral dos pais co tempo libre que teñen os nenos.
Os campamentos durarán 1 semana e serán de luns a venres (excepto festivos) en horario de 9.30h a 16:00h con comida ou de 9:30 a 14:00 sen comida. Con opción de unir dúas ou máis semanas, aplicando un desconto no prezo da estancia.
Tamén hai a opción de contratar días soltos.Podrase traer aos nenosa partir das 8:30.
As idades dos participantes oscilarán dos 6 aos 14 anos.Esta actividade ten un carácter solidario.
Os beneficios obtidos pola realización dos campamentos destinaranse integramente a financiar o noso programa de equitación terapéutica.
Campamento de verán:
O importe dunha semana con comida é de 165€ si se reservan dúas ou máis estancias o prezo por semana queda en 150€ cada unha. O prezo de 1 semana sen comida, ata as 14:00 é de 135€ ou 120€ si se reservan 2 ou máis.
Días soltos con comida, ata as 16:00 horas 35€.
Días soltos sen comida, ata as 14:00 horas 30€.
Condicións de reserva: Para formalizar a reserva débese cubrir e enviarnos o formulario de reserva. A data tope de reservas é o 20 de xuño para as tres primeiras estancias. Para as seguintes estancias pódese reservar ata a semana previa ao comezo da estancia.
A empresa resérvase o dereito de suspender a actividade se non se reúne un mínimo de participantes nas datas convidas. En tal caso informarase a todos os solicitantes.