Pensadas para grupos escolares, clubs ou asociacións. Trátase de achegar o mundo do campo aos rapaces. Un excelente complemento á súa educación. Durante a visita os nenos poderán realizar as tarefas propias dunha granxa, coidado dos animais, horta e cultivos, dinámicas ambientais, así como diferentes obradoiros creativos, xogos… As actividades variarán segundo a idade dos rapaces, da climatoloxía e da época do ano. En todo momento os participantes estarán atendidos polos nosos monitores.
10:30 Chegada
10:45 Presentación e división en grupos
11:00 Actividades da granxa:
- Animais da granxa
- Horta e cultivos
- Equitación
11:45 Parada para merenda
12:00 Reanudación das actividades da granxa.
13:30 Parada para comida.
14:30 Tempo libre.
15:00 Obraadoiros e xogos.
16:00 Despedida.
Este horario é orientativo, podéndose modificar segundo as necesidades dos visitantes.